Addaw, ir ao inicio Doar

Declaración de accesibilidade: que é e como se fai?

Escrito por Pablo Alcaraz Pérez • Xuño 05, 2023

A declaración de accesibilidade, tamén coñecida como declaración de accesibilidade web, é un documento que explica o compromiso dunha organización ou entidade coa accesibilidade web. Esta declaración recolle os esforzos que se fan para garantir que as persoas con discapacidade poidan acceder e utilizar de maneira efectiva os sitios web, as aplicacións e outros recursos en liña. Facer pública esta declaración, e con ela o compromiso da web coa accesibilidade e a inclusión, mellora a responsabilidade social corporativa da empresa.

 

Adoita incluír tamén información sobre as pautas e os estándares de accesibilidade adoptados, as medidas tomadas para cumprir eses estándares, as ferramentas e tecnoloxías empregadas para mellorar a accesibilidade e os recursos dispoñibles para as persoas usuarias con discapacidade.

 

En xeral, a declaración de accesibilidade é unha forma de comunicar o compromiso dunha organización coa inclusión dixital e a súa intención de ofrecer igualdade de acceso ás persoas con discapacidade. É necesario que inclúa información sobre como as persoas usuarias poden facer comentarios ou informar dos problemas de accesibilidade que atopen no sitio web.

Cómpre salientar que a declaración de accesibilidade é imprescindible para poder cubrir correctamente o informe IRA que se solicita tanto na Administración pública como na axuda do Kit Digital.

Os propósitos máis importantes dunha declaración:

 

Pero tamén hai que seguir unha serie de procedementos esenciais para facer ben unha declaración de accesibilidade, sobre todo cando se trata dun traballo dunha organización para un cliente, no que os resultados deben ser impecables.

 

Os pasos esenciais dunha declaración de accesibilidade.

Para crear unha declaración de accesibilidade efectiva e de calidade, hai que seguir os oito pasos seguintes:

1. Introdución

Ao comezo da declaración indicaremos cal foi o resultado da auditoría, que pode ser 'Non conforme', 'Parcialmente conforme' ou 'Plenamente conforme'; tamén indicaremos a metodoloxía que se seguiu para realizar a auditoría, a data en que se fixo e a normativa aplicada.

2. Conformidade

A conformidade refírese ao grao en que un produto, servizo ou contorno cumpre os estándares e as pautas establecidos para garantir a accesibilidade para todas as persoas, incluídas as que teñen algunha discapacidade. Neste caso, convén incluír unha táboa con esta información:

 

3. Alcance da declaración:

Neste punto do proceso é onde se debe expor publicamente todo o contido da web que se someteu á auditoría, xa que a transparencia é un punto relevante na accesibilidade web.

 

4. As páxinas da mostra:

Neste punto indicaremos cales foron as páxinas escollidas para realizar a auditoría de accesibilidade. O ideal é auditar todas as páxinas da web, pero como o número de páxinas ás veces pode ser enorme, abondaría con escoller unha mostra que consideremos representativa do sitio. Por exemplo, se a web ten 200 produtos, podemos usar só un produto para a mostra (se no fundamental son todos iguais). Cómpre salientar que se deberán auditar todas as páxinas necesarias para realizar a actividade da web. Por exemplo, nunha tenda, todo o proceso de compra

 

5. Tecnoloxías presentes:

Neste punto indicaremos as tecnoloxías que están presentes no sitio. Cómpre salientar que só incluiremos as tecnoloxías que poidan afectar á accesibilidade (JavaScript, SVG, HTML etc.).

 

6. Ferramentas utilizadas:

Son as ferramentas que o auditor utilizou para comprobar a accesibilidade da web; neste punto incluiremos tanto plugins como ferramentas externas.

 

7. Axentes de usuario empregados:

Débese indicar o navegador que se utilizou durante a auditoría, por exemplo, “Chrome - Latest”.

 

8. Informe de erros

Por último, é moi conveniente incluír un informe cos resultados da auditoría: criterios que se superaron, criterios que deron problemas e criterios que non se aplicaban. O ideal é incluír todos os informes realizados coa súa data. Desta forma poderase comprobar o interese da entidade en manter unha web accesible ao longo do tempo.

 

Todas as nosas auditorías inclúen a entrega da declaración de accesibilidade cuberta para a web auditada, xunto con todos os informes presentados, necesarios para que a propia entidade poida facer as correccións.

 

Gústache o que ves? Compárteo cun amigo.


Comentarios

Aínda non hai comentarios.

Déixanos o teu comentario