Addaw, ir ao inicio Doar

Informe de revisión da accesibilidade web

Escrito por Iris García García • Xaneiro 23, 2023

Que é o IRA (Informe de revisión da accesibilidade web)?

Tras a última actualización da norma EN 301549 V3.2.1 (equivalente á norma UNE-EN 301549:2022), establécese que cada tres anos se debe presentar un Informe de revisión da accesibilidade web, tamén chamado informe IRA. Así mesmo, a norma fixa os criterios que se deben avaliar páxina por páxina, tanto en páxinas web como en aplicacións móbiles, incluídos os documentos descargables.

Estes informes permítennos facer o seguimento do cumprimento dos requisitos de accesibilidade de sitios web e aplicacións móbiles. A súa finalidade é garantir unha accesibilidade web permanente e actualizada de acordo coas directrices e os requisitos establecidos polas distintas normativas estatais (Real decreto 1112/2018) e europeas (Decisión de execución (UE) 2018/1524), baseadas á súa vez nas recomendacións internacionais (Web Content Accessibility Guidelines – WCAG), que buscan un acceso a internet inclusivo e sen barreiras.

A finais de 2018, a Comisión Europea publicou as directrices para facer o seguimento a nivel estatal e pediu que se lle remitisen informes periódicos cada tres anos, que ademais deben ser públicos.

En España, o organismo encargado de recoller estes informes é o Observatorio de Accesibilidade Web.

En resumo, o informe IRA é basicamente unha folla de cálculo con varias lapelas que debemos cubrir páxina a páxina cos datos da nosa web. Indicaremos, entre outras cousas, o ámbito de actuación, as tecnoloxías usadas e as páxinas da mostra. A continuación deixámosvos os modelos de informe nos dous formatos en que se pode entregar ao Observatorio de Accesibilidade Web: ODS e XLSX.

O IRA ten dúas variantes, unha para empresas privadas e outra para organismos públicos, pero no esencial son idénticas. Só cambia a información que hai que cubrir na zona de ámbito do documento.

Modelos para administracións públicas

Modelo do Informe de revisión da accesibilidade (Administración pública) (xlsx, en castelán) - (IMPORTANTE: usar Microsoft Excel para editalo).

Modelo do Informe de revisión da accesibilidade (Administración pública) (ods, en castelán) - (IMPORTANTE: usar LibreOffice Calc para editalo).

Modelos para empresas privadas

Modelo do Informe de revisión da accesibilidade (entidade privada) (xlsx, en castelán) - (IMPORTANTE: usar Microsoft Excel para editalo).

Cómpre salientar que, aínda que o IRA se deseñou nun principio para que as webs das administracións públicas cumprisen a normativa de accesibilidade, hoxe en día moitas empresas privadas deben entregar este informe cuberto. É o caso, por exemplo, das empresas que desde 2022 queren solicitar a axuda do Kit Digital, que inclúe entre os seus requisitos cumprir a norma UNE-EN 301549:2022.

Como se fai un Informe de revisión da accesibilidade web?

A Comisión Europea establece dous métodos de revisión e seguimento que deben aplicar todos os Estados membros:

Por iso, é moi recomendable que cada empresa e/ou sitio web teña no seu equipo un departamento de accesibilidade web. Este departamento será o encargado de recompilar a información necesaria para xerar os informes de revisión da accesibilidade de acordo coa norma UNE-EN 301549:2022 que se aplica en España.

Cando se deben facer e entregar os informes de revisión da accesibilidade web?

Administracións públicas:

O Real decreto 1112/2018 establece no seu artigo 17 que as auditorías de accesibilidade web en profundidade deben facerse periodicamente ou antes da posta en funcionamento dunha web ou aplicación (fase de deseño). Desde ADDAW recomendamos encarecidamente que o proceso de accesibilidade estea presente en todas as fases do proxecto, en lugar de facer a auditoría de accesibilidade ao rematalo. Se se fai un seguimento da accesibilidade desde a fase de deseño, aseguraremos que os criterios visuais e de desenvolvemento se aliñen cos de accesibilidade e aforraremos custos futuros ao non ter que cambiar decisións xa tomadas.

Tendo isto presente, hai que lembrar que o Informe de revisión da accesibilidade web deberá facerse como máximo cada tres anos ou cada vez que se lance unha web ou aplicación móbil nova, algo obrigatorio para as administracións públicas, entre outras..

Os prazos para telos preparados estaban fixados desde a entrada en vigor do Real decreto: o 20 de setembro de 2020 no caso dos sitios web e o 20 de setembro de 2021 no caso das aplicacións para móbiles. Desde entón, hai que ter en conta que o Observatorio de Accesibilidade Web pode poñerse en contacto en calquera momento para solicitar o seu envío, xunto con calquera dos demais informes detallados. Así que debemos procurar ter todos os IRA feitos e gardados.

Empresas privadas:

É recomendable que as empresas privadas fagan auditorías de accesibilidade de forma periódica. Porén, non debemos esquecer que as empresas privadas se rexen pola «Lei 56/2007, do 28 de decembro, de medidas de impulso da sociedade da información (LISI)», e esta lei, aínda que establece que deben ser accesibles as que cumpran determinados criterios (podedes comprobar quen debe ser accesible nesta ligazón), non indica que necesariamente deban facer informes de accesibilidade periódicos. Polo tanto, as empresas privadas non necesitan ter informes deste tipo para entregalos cada tres anos, pero si sería moi recomendable que gardasen os informes de auditoría realizados para poder xustificar, ante calquera erro de accesibilidade, que se tomaron medidas e que a empresa, malia o posible fallo, actuou neste sentido.

Desde ADDAW, a través das nosas auditorías de accesibilidade, podemos confirmar que a web da empresa privada cumpre a normativa de accesibilidade e, se se usa o noso certificado de accesibilidade, garantiremos ao longo do tempo e fronte aos cambios que a web en cuestión cumpre a normativa.

 

Como cubrir o Informe de revisión da accesibilidade web?

 

Infografía facilitada polo Observatorio de Accesibilidade Web

A forma de cubrilo varía segundo a versión do IRA que necesitemos: para empresa privada ou para administración pública. A única diferenza está na primeira páxina, a definición do ámbito. Superado este punto, o modelo é o mesmo e a forma de cubrilo tamén. Os nomes dos campos aparecen en castelán no modelo, así que os indicamos entre parénteses.


Definición do ámbito para a Administración pública

O primeiro que se debe facer é cubrir a lapela de Definición do ámbito (Definición de Ámbito). Nela está a información xeral sobre o organismo do que se vai facer o informe de revisión da accesibilidade web. A continuación veremos, punto por punto, que poñer en cada cela usando a definición que indica o propio modelo e ampliándoa cando sexa necesario.

Nome da URA (Nombre de la URA)

A URA é a Unidade Responsable de Accesibilidade, e só as entidades públicas (concellos, ministerios, universidades, xulgados...) teñen unha. Debemos ter isto moi en conta.

Pódense consultar as URA da Administración pública na web da administración electrónica.

DIR3 da URA (DIR3 de la URA)

Do mesmo xeito que a URA, só as administracións públicas teñen DIR3. Segundo as propias palabras do modelo, neste campo debemos indicar o código DIR3 (Directorio común de unidades orgánicas e oficinas) da URA indicada no campo anterior. É dicir, se a URA é a Subdirección Xeral XXX, indicar o código DIR3 da Subdirección Xeral XXX. Na seguinte ligazón do Portal de Administración Electrónica explícase como acceder á aplicación DIR3-Directorio común, onde se poden buscar os códigos DIR3 necesarios para cubrir este informe. Desde a seguinte ligazón poderás consultar os DIR3.

Ámbito competencial da URA (Ámbito competencial de la URA)

En termos xerais, na AXE (Administración xeral do Estado) o ámbito competencial das URA será o ministerio correspondente; nas CCAA (comunidades autónomas), a comunidade autónoma de referencia; e nas EELL (entidades locais) e demais organismos obrigados, o ámbito competencial das URA será un ou outro segundo como se definisen as URA conforme ás súas propias características organizativas. 

DIR3 do ámbito competencial da URA (DIR3 del ámbito competencial de la URA)

Neste campo indicaremos o código DIR3 do ámbito competencial da URA indicada no campo anterior. Na seguinte ligazón do Portal de Administración Electrónica explícase como acceder á aplicación DIR3-Directorio común, onde se poden buscar os códigos DIR3 necesarios para cubrir este campo: Ir ao directorio común de unidades orgánicas e oficinas.

Entidade responsable do sitio web (Entidad responsable del sitio web)

Neste campo indicaremos o nome da entidade responsable do sitio web, por exemplo, a Subdirección Xeral XXX.

DIR3 da entidade responsable (DIR3 de la entidad responsable)

Aquí indicaremos o código DIR3 da entidade responsable do sitio web indicada no campo anterior.

Correo electrónico da entidade/persoa responsable do sitio web

Neste campo indicaremos o correo electrónico de contacto da entidade ou da persoa responsable do sitio web.

Ámbito territorial

Aquí indicaremos se se trata dunha comunidade autónoma, dun organismo local ou se pertence á Administración xeral do Estado. É importante seleccionalo no despregable que ofrece o modelo.

Ámbito temático

Aquí marcaremos a que ámbito pertence a web que estamos a auditar; de novo, é importante escoller entre as opcións que ofrece o modelo, tendo en conta que pode pertencer a máis dun ámbito.


Definición do ámbito para as empresas privadas

Se traballamos co modelo para empresas privadas, o primeiro que teremos que facer é cubrir o ámbito. Nel informaremos dos datos xerais da nosa empresa e da propia auditoría; imos explicar os campos punto por punto

Empresa responsable do sitio web (Empresa responsable del Sitio web)

Empresa para a que facemos a auditoría.

Correo electrónico da entidade/persoa responsable do sitio web

Non hai moito máis que engadir, agás que é importante poñer aquí a persoa responsable do sitio web. A persoa encargada do departamento de accesibilidade non ten nada que ver.

Tipoloxía do sitio web (Tipología del sitio web)

Neste campo especificaremos se se trata dunha web ou dunha aplicación móbil («app»).

Nome do sitio web (Nombre Sitio Web)

Nome co que chamamos a web. Insistimos en que NON é o nome da empresa, senón o da web.

URL do sitio web (URL del Sitio Web)

Enderezo URL absoluto da web.

Alcance da revisión (Alcance de la revisión)

Indica se imos auditar todo o sitio web ou só unha parte; o normal é poñer aquí «Todo el contenido de la web pública» (todo o contido da web pública).

Data da revisión (Fecha de la revisión)

Data na que facemos a auditoría.

Nivel de conformidade que se analiza (Nivel de conformidad a analizar)

Aquí especificaremos que normativa tratamos de superar. Non hai que poñer «nivel AA das WCAG», pois o normal é que o que tratemos de superar sexa a norma española. Polo tanto, deberiamos poñer «UNE-EN 301 549:2022 - excluyendo el contenido no incluido por el RD 1112/2018» (excluíndo o contido non incluído polo RD 1112/2018).

Soporte de accesibilidade mínimo (Soporte de accesibilidad mínimo)

Definiremos o conxunto mínimo de combinacións de sistemas operativos, navegadores web, produtos de apoio e outras aplicacións de usuario para os que se garante a accesibilidade do sitio web. É dicir, os contornos nos que se espera que o sitio web funcione correctamente e cun soporte de accesibilidade axeitado. En concreto, habería que indicar con que sistema operativo e navegador se fixo a revisión (incluída a versión exacta) e se, unha vez completada a revisión ou en paralelo, se probou o sitio web con algún produto de apoio, como NVDA, JAWS, VoiceOver...

Como exemplo poderiamos poñer: «Browser DevTools/Inspector, HTML Validation, Keyboard only, VoiceOver Screen Reader, WAVE Browser Extension, ZoomText Fusion, Chrome - Latest, Chrome for Android, Edge - Latest, Firefox – Latest».

Tipo de avaliación (Tipo de evaluación)

O normal neste campo sería poñer «Autoevaluación con recursos externos» (autoavaliación con recursos externos).

Nome da empresa (Nombre de empresa)

Agora si indicaremos o nome da empresa, que non ten por que coincidir co da web.

Observacións (Observaciones)

Este campo cubrirémolo con calquera información que queiramos que se teña en conta, pero nós recomendamos deixalo baleiro.


A partir de aquí, estes campos son necesarios tanto nas administracións públicas como nas entidades privadas.

Tecnoloxías

A continuación hai que especificar as tecnoloxías empregadas no sitio. Se se emprega algunha que non apareza na folla, como por exemplo «JavaScript», tamén se debe indicar o URL da súa especificación oficial. Lembremos que o modo en que usamos a tecnoloxía pode determinar se é compatible coa accesibilidade ou non. Se se empregan tecnoloxías incompatibles coa accesibilidade, a web debe ofrecer algunha versión alternativa que non dependa desa tecnoloxía. Polo tanto, neste punto incluiremos as tecnoloxías e o URL da especificación, é dicir, o enderezo onde está a documentación da tecnoloxía.


Mostra

O seguinte é indicar a mostra analizada, así que vexamos que debemos escribir en cada columna:

Id

É un identificador único que lle damos á páxina. Debe ser incremental, secuencial e único.

Nome curto (Nombre corto)

Nome que lle damos nós á páxina. É subxectivo, pero debemos procurar que sexa un nome que defina o obxectivo da páxina.

Clase

Debemos escoller entre «Página web» e «Documento no web» (documento non web), que podería ser, por exemplo, un PDF.

Tipo

O IRA esixe como mínimo que haxa unha páxina de inicio, unha coa declaración de accesibilidade e, polo menos, unha aleatoria. Aínda que lembremos que a mostra aleatoria debe ser un 10 % da mostra.

URL

Ruta absoluta da páxina que se vai analizar.

Direccionamento alternativo (Direccionamiento alternativo)

É o que se coñece habitualmente como «migas de pan» ou «fío de Ariadna», e consiste en indicar como se chega a esa ruta.

Tipos de elementos

Aquí definiremos que contén esta páxina que poida afectar á accesibilidade, por exemplo, formularios, táboas etc.


Criterios

Aquí está a novidade, pois neste novo informe engadiuse aos criterios das WCAG 2.1 un compendio de novos criterios separados por lapelas: novos criterios xerais, criterios adicionais para vídeos, para sitios con voz bidireccional... A nós resultounos moi útil este documento elaborado por Olga Carreras coa relación de equivalencia entre a norma 301549 v3.2.1 e as WCAG 2.1.

Nesta parte débese auditar cada criterio páxina a páxina e ir marcando se se cumpre ou non. A medida que o facemos, o informe IRA vai amosando automaticamente unha nota na lapela de resultados. Sempre obteremos unha conformidade parcial agás que consigamos superar todos os criterios, aínda que isto non é necesario para aprobar o IRA.

Para quen non saiba como comezar a auditar a súa web, recomendamos o noso artigo Introdución á accesibilidade web para adquirir unhas bases sobre as que empezar a traballar. Por último, deixamos unha guía elaborada polo Observatorio de Accesibilidade Web na que se especifica como revisar cada un dos criterios de accesibilidade, así como os seus obxectivos específicos.

 

Desde ADDAW podemos axudarvos a facer o Informe de revisión da accesibilidade web (IRA).

Se queres saber máis sobre as nosas auditorías, visita a nosa páxina de auditorías de accesibilidade, onde explicamos como as facemos e desde onde poderás solicitar unha revisión da túa web.

 

Gústache o que ves? Compárteo cun amigo.


Comentarios

rzpddresv

2025-11-11 07:16:59

2025-11-17 03:20:34

lc34nw

2025-11-17 03:20:35

lc34nw

ekfwonkppg

2025-11-17 07:34:41

2025-11-19 13:03:04

bw1idi

lwbtkfve

2025-12-25 02:48:19

2026-01-03 05:49:42

frfahs

2026-02-20 07:45:13

lgg5r0

vbfmssjbdh

2026-03-01 12:46:48

2026-03-05 02:31:48

xjok1w

2026-03-06 07:06:06

5roiea

yvmeccvlv

2026-03-12 08:42:53

2026-03-16 12:17:48

11zfmg

2026-03-25 04:12:01

m7xpv8

2026-03-30 15:41:07

9zi7og

2026-04-05 23:36:50

mw13ue

2026-04-07 07:23:45

q9zicf

2026-04-18 01:24:00

x7hn4v

2026-04-20 05:37:11

8qnt9w

2026-04-25 23:13:48

tvur2q

2026-05-02 07:53:21

ukfa8a

nshzwjrj

2026-05-02 13:41:38

2026-05-03 06:06:46

dzbkm8

2026-05-07 18:11:44

galbpl

2026-05-07 22:12:24

lv86vc

2026-05-09 20:09:15

lgotk3

2026-05-14 17:45:58

om03a2

2026-05-14 23:59:08

fnl9pe

2026-05-20 15:27:11

u91aoh

2026-05-20 20:41:04

dwj6zf

2026-05-22 20:49:39

sa6xn9

2026-05-23 13:47:59

g1yx6s

2026-05-27 02:06:29

8ryvx9

2026-05-28 02:36:05

5253dw

2026-05-28 14:28:14

s7hdec

2026-05-29 20:53:43

n3igdn

2026-05-30 14:54:32

alnzoe

2026-05-31 15:16:49

v56q04

2026-06-01 23:25:44

ynq371

2026-06-07 14:02:40

g9xikf

2026-06-08 03:44:31

5yl26f

2026-06-10 00:23:11

fdnbea

ddwmvxvkwg

2026-06-10 03:24:47

2026-06-13 16:53:03

0bluut

2026-06-14 10:34:53

a94ddz

2026-06-14 19:34:58

e369iz

2026-06-25 00:57:35

l12c0s

2026-06-25 16:37:54

8wr80u

2026-06-26 13:53:24

pnba6s

2026-06-30 03:56:31

83e606

2026-07-03 06:18:47

1i8onu

2026-07-04 08:04:42

6orm5e

2026-07-05 19:50:40

9p1buj

2026-07-07 18:35:07

s4muh1

2026-07-22 11:40:56

shsu1r

2026-07-28 07:37:19

esr2gu

2026-08-12 10:59:29

kkinp3

dhirfyxbfv

2026-08-14 14:32:33

2026-08-19 11:19:44

lrc8re

2026-08-20 02:53:29

c713w7

ddnhbdttgo

2026-08-26 01:42:32

npiyggjps

2026-11-06 06:41:17

Déixanos o teu comentario