Acta Europea de Accesibilidade
Descubre en que consiste a Acta Europea de Accesibilidade, que sectores e produtos están obrigados a cumprila e como afectará tanto ás empresas como ás persoas usuarias.
En ADDAW buscamos sempre a maneira de mellorar a calidade dos nosos servizos de auditoría en favor dunha accesibilidade universal. Para garantir a calidade do noso traballo, ofrecemos a Certificación AIS, outorgada pola Fundación Accesibilidad y Responsabilidad Social (ARS).
Para coñecer esta gran fundación temos que remontarnos aos anos 70, cando comeza un camiño desde o Colexio Albert Einstein dedicado á formación e ao deseño de novas pedagoxías.
Ao longo de máis de 30 anos, estes pioneiros da accesibilidade dedicaron o seu tempo e a súa visión a crear cursos e iniciativas para proporcionarlles os coñecementos necesarios a todas aquelas persoas que quixesen axudar ás persoas con dificultades de aprendizaxe, como o curso de Educador de Disminuidos Psíquicos alá polos anos 80, e ás persoas maiores con problemas para acceder ao mundo que as rodea, como a cualificación profesional de Técnico Gerocultor. Esta última daría paso á cualificación vixente na actualidade de Técnico en Atención a Persoas en Situación de Dependencia en institucións e domicilios.
Durante a primeira década dos 2000 desenvolvéronse programas específicos de inserción e accesibilidade para persoas con discapacidade en colaboración con diversas asociacións e coa Administración pública. Pero foi en 2006 cando, cun equipo multidisciplinar, comezaron a investigar a accesibilidade e crearon o Distintivo Indicador del Grado de Accesibilidad (DIGA).
Por fin, en 2009 deuse forma aos obxectivos sociais que se foran desenvolvendo e constituíuse a Fundación Shangri-La, en referencia á mística cidade tibetana da felicidade permanente.
Malia conseguir varios proxectos de accesibilidade e responsabilidade social ao longo dos anos, a fundación non cesou no seu empeño e seguiu investigando e investindo para mellorar e conseguir validacións ata que, en 2018, presentou a súa nova marca con rexistro internacional: Fundación Accesibilidad y Responsabilidad Social (ARS).
Nese momento preséntase o Certificado AIS (Accesibility Indicator System ou Sistema Indicador de Accesibilidade), evolución do DIGA, baseado na Norma AIS 1/2018. Esta norma está validada e recoñecida pola certificadora internacional IMQ.
A AIS considérase hoxe a certificación de accesibilidade máis integral e flexible do panorama internacional. Tendo en conta un amplo abano de persoas usuarias e as súas necesidades, acredita solucións de mobilidade, sensoriais e/ou cognitivas.
Orixinalmente, a Norma AIS 1/2018 desenvolveuse para comprobar e validar a accesibilidade de edificios e instalacións, e conta con máis de 500 indicadores que analizan os seus itinerarios, servizos, comunicación e información, e evacuación. Ademais, permite harmonizar estándares e requisitos procedentes da normativa nacional e internacional.
Este certificado é tan relevante a nivel nacional e internacional que grandes empresas como Google, El Corte Inglés, Coca-Cola, o Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, os cines Cinesa e Yelmo, e mesmo o Real Madrid non dubidaron en contar co visto e prace da Fundación ARS nos seus edificios.
A partir desta primeira norma desenvolvéronse a Norma 2/2018, aplicada a contornas dixitais e páxinas web, e a Norma 3/2018, aplicada a mobiliario, sinalización, etcétera.
As tres normas funcionan de maneira moi semellante, cada unha no seu ámbito, como é lóxico. En ADDAW traballaremos coa Norma 2/2018 para os contidos dixitais, que segue os estándares de accesibilidade tanto nacionais (en España, o Real decreto 1112/2018) como internacionais (WCAG 2.1, UNE-EN 301 549, etc.).
Como características principais, a certificación AIS distingue cinco niveis de accesibilidade, do grao 1 ao grao 5, e ofrece sempre solucións para facer o edificio, o sitio web ou o obxecto avaliado máis utilizable, cómodo, seguro e, por extensión, accesible para todo o mundo.
Mentres que a Norma 1/2018 conta con máis de 500 indicadores para avaliar a accesibilidade dun edificio, a Norma 2/2018 ten máis de 100, xa que os sitios web son máis doados e cómodos de adaptar.
Porén, todas teñen un procedemento de certificación semellante: en primeiro lugar, realízase unha precualificación para detectar os aspectos que hai que mellorar; unha vez implantadas as solucións, a Fundación ARS outorga o certificado en función do nivel de accesibilidade; e, por último, faise un mantemento para asegurar que o estándar non baixa.
Deste xeito, o Certificado AIS garántelles aos seus clientes que sempre estarán ao día en accesibilidade, ofrecendo os mellores servizos a todas as persoas, sen importar as súas limitacións ou os pequenos problemas do día a día.
Hoxe, a accesibilidade é imprescindible á hora de desenvolver e manter unha páxina web ou unha aplicación móbil. Non só porque a inclusión das persoas con dificultades de calquera tipo (visuais, auditivas, motrices, etcétera) é necesaria en todos os ámbitos, senón tamén porque, a nivel económico, interesa chegar ao maior público posible.
Dado que seguir a normativa do Certificado AIS é totalmente voluntario, cando unha empresa amosa o seu distintivo está a demostrar o seu compromiso coa accesibilidade. O selo AIS é un aval que lles asegura comodidade e tranquilidade a todas as persoas á hora de acceder ao contido dixital.
En ADDAW sempre nos esforzamos por ofrecer servizos de calidade á hora de auditar e de propoñer solucións de accesibilidade. O noso empeño viuse recompensado ao recibirmos o aval da Fundación ARS, que nos permite incluír o Certificado AIS nos nosos traballos.
En ADDAW garantimos que as nosas auditorías seguen ao pé da letra a normativa española vixente, así como a europea. Ademais, ao contar con este certificado ofrecémosche todas as medidas que este propón para que todo o mundo, a nivel internacional, poida gozar do contido dixital.
O proceso para obter a certificación AIS é sinxelo: nós encargámonos de realizar a auditoría de accesibilidade e, despois, enviámosche un informe con todos os erros que hai que corrixir. Unha vez que nos avisas de que están solucionados, facemos outra auditoría para confirmar que todo cumpre a Norma 2/2018 e, se é así, a Fundación ARS outorga o certificado, como comentamos antes, co nivel de accesibilidade axeitado para cada sitio web ou aplicación móbil.
Así que non dubides en contactar connosco para solicitar información sobre como incluír este certificado na túa auditoría. Xuntos podemos facer de Internet un lugar accesible para todo o mundo.
Descubre en que consiste a Acta Europea de Accesibilidade, que sectores e produtos están obrigados a cumprila e como afectará tanto ás empresas como ás persoas usuarias.
Descobre por que a accesibilidade web é clave para solicitar as axudas do Kit Dixital.
Descubre que é o Informe de revisión da accesibilidade web (IRA), por que é tan importante, cando hai que entregalo e como cubrilo paso a paso.
A accesibilidade web é un dereito e, como tal, hai leis que determinan que webs deben cumprir a normativa de accesibilidade web.
A Directiva de accesibilidade web da UE establece estándares de accesibilidade dixital para as organizacións dentro da Unión Europea.
Análise do código NaviLens, NaviLens AQR e Zappar AQR. Comparamos a súa capacidade para localizar produtos, identificar referencias e ofrecer información.
Descobre as tipografías máis recomendadas para persoas con dislexia. Aprende a escoller fontes accesibles que melloren a lectura.
Descubre como as tecnoloxías CAPTCHA evolucionaron cara a solucións máis accesibles. Este artigo percorre desde as probas visuais e auditivas ata as innovacións actuais e ofrece unha visión completa de como facer o CAPTCHA máis inclusivo.
Como afecta a accesibilidade á seguridade cando iniciamos sesión nunha web, e as pautas que hai que seguir segundo as WCAG 2.2.
Vemos como se pode saltar o contido repetitivo dunha páxina e por que é tan importante para as persoas que usan lectores de pantalla e teclado.
Este artigo explica como facer un correo electrónico máis accesible e inclusivo para todo tipo de persoas e por que facelo beneficia a todo o mundo.
Sabías que a dislexia é máis común do que parece? Tena un 13 % da poboación mundial. Aquí amosámosche os seus tipos e como identificala.
Xustificar o texto na web dificulta a lectura e a lexibilidade. Descobre por que é unha mala elección no deseño web.
Descubre 7 ferramentas que che axudarán a darlle un bo contraste á túa web ou aos teus documentos.
Descubre consellos e estratexias de deseño inclusivo para mellorar a accesibilidade das túas redes sociais en 2023.
Comentarios
Danfluoke
2026-09-29 04:45:37