Addaw, ir ao inicio Doar

O Kit Dixital e a accesibilidade web

Escrito por Iris García García • Febreiro 07, 2023

Hoxe en día hai cada vez máis conciencia sobre a importancia da accesibilidade web. Por sorte, os gobernos de todo o mundo están a tomar medidas para impulsala e así facilitar o acceso á vasta rede de información e servizos que ofrece internet.

Incluír a accesibilidade como requisito para acceder ás subvencións relacionadas co ámbito tecnolóxico e dixital é unha destas medidas, e así é como se converteu en condición indispensable para solicitar as axudas do Kit Dixital en España.

 

Que é o Kit Dixital?

O Kit Dixital é unha iniciativa do Goberno de España que ten como obxectivo axudar a implantar solucións dixitais nas pequenas e medianas empresas (as famosas pemes) e entre os autónomos.

Ás bases reguladoras creadas en 2021 engadíuselles un ano despois unha actualización que incluía a necesidade de que os modelos de negocio incorporasen a accesibilidade web nos seus deseños.

Por este motivo, todas as páxinas web, os comercios electrónicos e as aplicacións móbiles que se vaian desenvolver no marco deste programa deben cumprir os requisitos mínimos de accesibilidade esixidos.

 

Como acredito o cumprimento da accesibilidade web para o Kit Dixital?

Para demostrar o cumprimento da accesibilidade web e poder optar a esta axuda, haberá que seguir unha guía de xustificación que avale que se axusta ás pautas de accesibilidade WCAG 2.1 requiridas.

Como o facemos? O primeiro é asegurarnos de que a nosa web é accesible solicitando unha revisión manual completa como a que ofrecemos en ADDAW. Coas nosas auditorías asegurarache de que a túa web é completamente accesible e poderás amosar un selo que así o demostra. Non é recomendable optar por servizos de baixo custo que ofrecen revisións automáticas, xa que son insuficientes para cumprir as esixencias do Kit Dixital.

Despois diso, teremos que cubrir o Informe de revisión de accesibilidade, do que falaremos máis adiante.

 

Que requisitos de accesibilidade web hai que cumprir?

Os criterios que se nos esixen están listados e detallados na norma UNE-EN 301549:2022, baseada nas Pautas de accesibilidade para o contido web (WCAG) 2.1. Nela atoparemos 92 puntos de accesibilidade que indican que hai que avaliar ao desenvolver unha páxina web ou aplicación móbil, con tres resultados posibles:

A nosa recomendación é esforzarse por conseguir unha puntuación de polo menos un 8 sobre 10 dentro da cualificación «Parcialmente conforme».

 

Hai que xustificar ante a Administración que a web é accesible unha vez que nos aseguramos de que o é?

A resposta é si. Para iso, teremos que presentar o Informe de revisión de accesibilidade ou IRA, como xa mencionamos, un documento de Microsoft Excel no que haberá que ir introducindo o resultado obtido en cada un dos 92 puntos de control para sitios web e aplicacións móbiles que comentamos antes.

Recomendámosche visitar a nosa entrada sobre o IRA, onde ofrecemos para descargar os modelos necesarios e, ademais, che explicamos punto por punto como cubrilos correctamente. Unha vez analizada a accesibilidade dun sitio web, comercio electrónico ou aplicación móbil, o IRA poderá indicar a cualificación (unha das mencionadas no apartado anterior) e a puntuación obtida.

Tamén cómpre lembrar que o Goberno puxo á disposición dos usuarios e dos axentes dixitalizadores unha serie de guías e modelos de xustificación que poderedes atopar nesta web. Nela atoparemos a resposta a moitas das dúbidas que nos poidan xurdir, así como unha serie de modelos de xustificación de acordos en diferentes ámbitos relacionados co Kit Dixital.

 

Confía en ADDAW para garantir a accesibilidade web do teu proxecto e solicitar o Kit Dixital

Como a burocracia sempre impón un pouco, sobre todo a quen non leva moito tempo lidando con ela, en ADDAW ofrecémosche os nosos servizos para realizar unha auditoría de validación manual co noso equipo de expertos en accesibilidade. Deste xeito, a papelada será un trámite doado e efectivo, e asegurarémonos de que se cumpren os criterios de conformidade da UNE-EN 301549:2022.

O servizo que ofrecen os nosos especialistas inclúe:

 

Tanto se levas unha peme como se es un autónomo que quere asegurarse de que a súa web é accesible, ADDAW axudarache a garantir que podes chegar a todo o mundo. Xuntos poderemos colaborar para concienciar da importancia da accesibilidade web para a sociedade.

Solicita unha auditoría de accesibilidade

Gústache o que ves? Compárteo cun amigo.


Comentarios

2025-11-17 03:20:31

q7n0s8

2025-11-17 03:20:32

q7n0s8

2025-11-19 13:02:52

ijethe

2026-01-03 05:49:40

95wgwm

2026-02-20 07:45:11

v7vz4b

2026-02-27 19:05:29

9otlhh

2026-03-05 02:31:44

mnpoam

2026-03-06 07:06:03

1yydz7

2026-03-16 12:17:44

ijmxht

2026-03-25 04:11:59

eeyfvn

2026-03-30 15:41:00

ytmi74

2026-04-05 23:36:47

di7vzx

2026-04-07 07:23:40

ohrp2p

2026-04-18 01:23:56

tklqu3

2026-04-20 05:37:08

ppe1gg

2026-04-25 23:13:46

tx1tbl

2026-05-02 07:53:18

500df2

2026-05-03 06:06:43

4iaagp

2026-05-04 03:45:23

xfb048

2026-05-07 22:12:21

b0hwlk

2026-05-09 20:09:13

2h7qnb

2026-05-14 17:45:54

wcm3tw

2026-05-14 23:59:06

k9ton2

2026-05-20 15:27:07

monr23

2026-05-20 20:41:02

o2sjnh

2026-05-22 20:49:36

vulkjc

2026-05-23 13:47:53

4ic0jn

2026-05-27 02:06:28

03l1gp

2026-05-28 02:36:00

r213jf

2026-05-28 14:28:12

477hvq

2026-05-29 20:53:36

pao9sm

2026-05-30 14:54:29

lzdykz

2026-05-31 15:16:45

1g62h9

2026-06-01 23:25:41

c0hngi

2026-06-07 14:02:36

optw7v

2026-06-08 03:44:25

48rqh7

2026-06-10 00:23:08

yti38h

2026-06-13 16:53:00

vd4lnd

2026-06-14 10:34:51

rucaku

2026-06-14 19:34:56

dbcpr7

2026-06-25 00:57:31

90zk9j

2026-06-25 16:37:51

2gf3wt

2026-06-26 13:53:22

fuy9e8

2026-06-30 03:56:28

5xrz4r

2026-07-03 06:18:44

wtoljb

2026-07-04 08:04:29

irq6ux

2026-07-05 19:50:31

diajvs

2026-07-22 11:40:49

foid2j

2026-07-28 07:37:17

91hp9p

2026-08-12 10:59:25

wgvdf2

2026-08-19 11:19:40

y51aaq

2026-08-20 02:53:25

4ykqk0

2026-08-27 21:42:56

Déixanos o teu comentario