Addaw, ir ao inicio Doar
Selo triplo A

Certificado de accesibilidade web ADDAW

Velamos para que os sitios web sexan accesibles

O selo de accesibilidade web de ADDAW confirma que un sitio web é accesible e indica o seu grao de accesibilidade.

Para poñelo, o sitio web ten que superar unha auditoría que demostre que cumpre todos os requisitos de accesibilidade especificados.

Desde este selo poderemos acceder á ficha do sitio web, onde veremos opinións de usuarios e poderemos gardalo na nosa listaxe para ter un acceso rápido e directo.

Como o poño no meu sitio web?

  1. 1

    Solicita unha auditoría

    Farémosche unha auditoría para ver se o teu sitio web é accesible. Se non o é, indicarémosche os puntos que tes que cambiar para que o sexa ou, se queres, podemos facelo nós.

    Solicitar auditoría
  2. 2

    O meu sitio web é accesible

    Unha vez que o teu sitio web sexa accesible, proporcionarémosche o selo de accesibilidade xunto coa ligazón á ficha que che faremos en ADDAW.

  3. 3

    Xa podes poñer o selo!

    Pon o selo no pé de páxina. Así os usuarios saberán que o teu sitio web é accesible e tamén poderán ver os resultados da auditoría e gardalo nos seus sitios favoritos do directorio de ADDAW.

Que selos hai?

Segundo as WCAG 2.2, hai tres niveis de accesibilidade web: A, AA e AAA.

Selo A

Nivel A

É o menos esixente. Tes que ofrecer alternativas textuais para as imaxes, subtítulos nos vídeos, un bo contraste...

Selo dobre A

Nivel AA

Nivel intermedio. É o que se adoita esixir ás administracións públicas. Ademais do requirido no nivel A, hai que ofrecer: subtítulos para audio en directo, posibilidade de aumentar o tamaño do texto, audiodescrición...

É o nivel mínimo para cumprir a normativa vixente.

Selo triplo A

Nivel AAA

O nivel máis alto. Aquí cómpre ofrecer interpretación en lingua de signos, audiodescrición ampliada, explicación de abreviaturas, dobre confirmación para o envío de datos, avisos de tempos de espera...

Distintivo para webs co plugin ADDAW

Se a túa web usa o plugin de ADDAW, podes mostrar este distintivo no pé de páxina. Indica que ofreces ferramentas de accesibilidade de ADDAW e leva á ficha da túa web no noso directorio.

Non é un certificado: o selo de accesibilidade só se concede despois de superar unha auditoría.

Ferramentas de accesibilidade por ADDAW

Copia este código e cambia teudominio.gal polo dominio da túa web:

<a href="https://addaw.org/gl/buscar?q=teudominio.gal"><img src="https://addaw.org/cdn/web/assets/images/sello/plugin-addaw-gl.svg" width="240" height="64" alt="Ferramentas de accesibilidade por ADDAW"></a>

Ver o plugin

Como saber se o selo está verificado?

As páxinas que superasen a nosa auditoría e sexan realmente accesibles terán ligados os resultados da auditoría, e poderás velos premendo no selo do seu sitio web. Se o selo non leva á auditoría, comproba no noso directorio o estado do sitio web.

Queres que revisemos algún sitio web?

Se hai algún sitio web que queiras que revisemos ou ao que queiras que lle propoñamos unha auditoría de accesibilidade, ponte en contacto connosco aquí:

Auditoría de Accesibilidade Web