Addaw, ir ao inicio Doar

Que é a Directiva de accesibilidade web da UE?

Escrito por David Prieto González • Xullo 24, 2022

Arredor de 135 millóns de persoas en Europa viven con algún tipo de discapacidade e agárdase que o número medre a medida que a poboación envellece. No mundo moderno, moitas persoas dependen de ordenadores, teléfonos intelixentes e outros dispositivos dixitais e, sen estándares de accesibilidade dixital, moitos usuarios atopan barreiras que lles impiden realizar as tarefas cotiás.

A Directiva de accesibilidade web da Unión Europea forma parte dun esforzo por establecer estándares de accesibilidade dixital para as organizacións públicas dentro da Unión. Está estreitamente relacionada coa Acta Europea de Accesibilidade, pero non é idéntica (comentaremos as diferenzas entre as dúas directivas máis adiante neste artigo).

Que sitios web deben cumprir coa Directiva de accesibilidade web da UE?

Aínda que o propósito principal da Directiva de accesibilidade web é garantir que todos os sitios web gobernamentais sigan os mesmos estándares de accesibilidade, a regulación tamén afecta as empresas privadas.

A directiva de 15 páxinas aplícase aos sitios web e ás aplicacións móbiles do sector público. Ademais das oficinas locais, rexionais e estatais, as normas aplícanse a organizacións financiadas a través de contratos públicos (noutras palabras, provedores externos). Todos os estados membros da Unión Europea deben implantar, e facer cumprir, estándares de accesibilidade uniformes baseados nas Pautas de accesibilidade para o contido web (WCAG) 2.1 publicadas polo Consorcio World Wide Web (W3C).

A directiva está en vigor desde 2016. Porén, incluíronse prazos de aplicación para darlles aos webmasters tempo para facer os cambios necesarios; en xuño de 2021, a directiva xa superou a súa etapa final de cumprimento.

As regulacións aplícanas os estados membros, e os sitios web que incumpran a directiva poden ser sancionados.

A Directiva de accesibilidade web da UE aplica estándares baseados nas WCAG 2.0

Do mesmo xeito que moitas leis de accesibilidade dixital, a Directiva de accesibilidade web da UE baséase no marco das WCAG. Fai referencia directa ás WCAG 2.0 e esixe que os sitios web publiquen unha declaración de accesibilidade pública con información de conformidade (as WCAG 2.1, que se presentaron en 2018, son a recomendación máis recente do W3C).

Ademais dunha declaración de accesibilidade pública, os sitios web deben:

 

A Acta Europea de Accesibilidade aplicarase aos sitios web privados

Como sinalamos antes neste artigo, a Acta Europea de Accesibilidade (EAA) está estreitamente relacionada coa Directiva de accesibilidade web. Ambas as regulacións baséanse nos estándares WCAG, pero a EAA aplícase á maioría das empresas privadas que venden produtos ou servizos. Ademais da accesibilidade do sitio web, a lei pretende estandarizar a accesibilidade de televisores, teléfonos intelixentes, tabletas, lectores de libros electrónicos e outros dispositivos.

A diferenza da Directiva de accesibilidade web, a EAA non chegou á súa fase final de aplicación. Na actualidade, o calendario de implantación inclúe varias datas clave:

A EAA contén excepcións para webs antigas e para «microempresas» con menos de 10 empregados. Aínda así, terá un efecto enorme en internet: mesmo con diferentes niveis de cumprimento entre os estados membros, a EAA e a Directiva de accesibilidade web aspiran a estandarizar as mellores prácticas de accesibilidade dixital en todas as webs da zona euro.

Cumpre o meu sitio web coa Directiva de accesibilidade web da UE e coa Acta Europea de Accesibilidade?

Dado que ambas as directivas seguen as WCAG, os webmasters poden cumprir coas leis auditando o seu contido dixital para comprobar que se axusta á última versión das pautas. Na maioría dos casos, o mellor sempre é que a web se faga tendo en conta a accesibilidade, de xeito que as auditorías de accesibilidade se realicen durante todo o ciclo de desenvolvemento. Con todo, se a túa web xa está creada, será necesario que fagas un estudo detallado de todos os principios das WCAG e cambies aqueles nos que non sexas accesible.

A asociación ADDAW ten como un dos seus obxectivos axudar a todos os sitios web a seren accesibles, ofrecendo servizos de auditoría ata o nivel AAA das WCAG a través de expertos en accesibilidade. Xa sexa porque o teu sitio web deba cumprir coa Acta Europea de Accesibilidade, coa lexislación española de accesibilidade, coa Lei 10/2014, do 3 de decembro, de accesibilidade de Galicia ou con outra normativa, ou porque esteas comprometido coa causa da accesibilidade web, contacta connosco: poremos todo da nosa parte para axudarche a ser accesible. 

Gústache o que ves? Compárteo cun amigo.


Comentarios

Aracely

2026-05-05 02:58:08

Tes avis me paraissent fondés puisque tu ne forces rien sur ce que tu sais.

Déixanos o teu comentario