Acta Europea de Accesibilidade
Descubre en que consiste a Acta Europea de Accesibilidade, que sectores e produtos están obrigados a cumprila e como afectará tanto ás empresas como ás persoas usuarias.
A miña web debe cumprir a normativa de accesibilidade?
Esta é a pregunta máis recorrente cando, desde ADDAW, avisamos de que unha web non é accesible. Cando se pregunta isto, normalmente o que se ten en mente é facer a auditoría de accesibilidade só no caso de que sexa obrigatorio, o que xa en si é un erro. A accesibilidade web non serve só para cumprir a normativa, senón que ademais achega moitísimos beneficios á web e aumenta moito as visitas potenciais que recibirá. En calquera caso, hoxe en día unha gran cantidade de webs deben cumprir a normativa, así que agardamos que este artigo vos axude a aclarar a cuestión.
É importante salientar que que unha web sexa ou non accesible non é algo subxectivo que dependa do auditor ou do deseñador, pois non se trata de que unha web se vexa máis ou menos bonita. Para que unha web sexa accesible e cumpra a normativa debe superar polo menos o nivel AA das WCAG.
A continuación veremos que páxinas web deben cumprir a normativa de accesibilidade web, distinguindo entre dous grandes grupos: as institucións públicas e as empresas privadas.
Empresas privadas
A través da «Lei 56/2007, do 28 de decembro, de medidas de impulso da sociedade da información (LISI)», vemos que as webs de empresas consideradas de especial transcendencia económica que presten servizos ao público en xeral deben ser accesibles, entendendo por accesible que cumpren polo menos o nivel AA da norma UNE-EN 301 549.
Que é unha web de especial transcendencia económica?
Dito así, o primeiro que pensará a maioría dos webmasters é que a súa web non é de especial transcendencia económica. Porén, unha web considérase de especial transcendencia económica simplemente cando a empresa ten máis de 100 empregados ou a súa facturación supera os 6 millóns de euros e se pode encadrar nalgún dos seguintes sectores económicos:
No último punto vemos que calquera tenda que supere os 6 millóns de facturación ou teña máis de 100 traballadores está obrigada a cumprir a normativa de accesibilidade.
Webs de empresas ou asociacións que reciban fondos públicos
Sempre que se vaia recibir unha axuda pública, e máis aínda cando se trata dun fondo creado para axudar á dixitalización dos procesos dunha empresa, é importante ler cales son as súas condicións, xa que ultimamente estas axudas esixen que a web sexa accesible. É o caso, por exemplo, do Kit Dixital, entre cuxos requisitos está o de cumprir a normativa de accesibilidade web. Polo tanto, e para simplificar, se estás a percibir unha axuda para a dixitalización da túa empresa, é máis que probable que debas cumprir a normativa de accesibilidade web.
Institucións públicas:
Este punto é moito máis sinxelo: á pregunta de se unha institución pública debe ser accesible, a resposta será sempre un rotundo si. De feito, en decembro de 2016 aprobouse a «Directiva (UE) 2016/2102 sobre a accesibilidade dos sitios web e aplicacións para dispositivos móbiles dos organismos do sector público», co obxectivo de igualar os requisitos de accesibilidade web do sector público.
Esta directiva establece unha serie de obxectivos que os estados membros da Unión Europea deberían cumprir. Se queres saber máis, podes ler o noso artigo Que é a Directiva de accesibilidade web da UE.
Con todo, cada estado membro debe adaptar esta directiva e crear con ela as súas propias leis. España fíxoo en 2018 a través do «Real decreto 1112/2018, do 7 de setembro, sobre accesibilidade dos sitios web e aplicacións para dispositivos móbiles do sector público».
O ámbito de aplicación do Real decreto 1112/2018 é o sector público; as entidades que reciben financiamento público ou que xestionan servizos públicos; os sitios web ou aplicacións vinculados á prestación de servizos públicos; e os centros privados educativos, de formación e universitarios sostidos, total ou parcialmente, con fondos públicos. En Galicia, ademais, cómpre ter presente a Lei 10/2014, do 3 de decembro, de accesibilidade.
Para considerar que a web dunha institución é accesible, debe superar o nivel AA das WCAG, do mesmo xeito que unha empresa privada.
Sancións
As sancións por non cumprir esta normativa son de dous tipos: por unha banda, as sancións puramente económicas, que van desde os 301 euros ata un millón de euros segundo a súa gravidade; pola outra, o incumprimento desta normativa pode supoñer a prohibición de solicitar axudas estatais durante dous anos ou, nos casos graves, a prohibición de pedir axudas estatais en xeral.
Como vedes, son moitas as webs que terían que ser accesibles e que, por desgraza, aínda non o son, así que agardamos que con estas normativas cada vez máis webs pasen a selo.
Descubre en que consiste a Acta Europea de Accesibilidade, que sectores e produtos están obrigados a cumprila e como afectará tanto ás empresas como ás persoas usuarias.
Que é o Certificado AIS e por que interesa contar con el para garantir a accesibilidade?
Descobre por que a accesibilidade web é clave para solicitar as axudas do Kit Dixital.
Descubre que é o Informe de revisión da accesibilidade web (IRA), por que é tan importante, cando hai que entregalo e como cubrilo paso a paso.
A Directiva de accesibilidade web da UE establece estándares de accesibilidade dixital para as organizacións dentro da Unión Europea.
Análise do código NaviLens, NaviLens AQR e Zappar AQR. Comparamos a súa capacidade para localizar produtos, identificar referencias e ofrecer información.
Descobre as tipografías máis recomendadas para persoas con dislexia. Aprende a escoller fontes accesibles que melloren a lectura.
Descubre como as tecnoloxías CAPTCHA evolucionaron cara a solucións máis accesibles. Este artigo percorre desde as probas visuais e auditivas ata as innovacións actuais e ofrece unha visión completa de como facer o CAPTCHA máis inclusivo.
Como afecta a accesibilidade á seguridade cando iniciamos sesión nunha web, e as pautas que hai que seguir segundo as WCAG 2.2.
Vemos como se pode saltar o contido repetitivo dunha páxina e por que é tan importante para as persoas que usan lectores de pantalla e teclado.
Este artigo explica como facer un correo electrónico máis accesible e inclusivo para todo tipo de persoas e por que facelo beneficia a todo o mundo.
Sabías que a dislexia é máis común do que parece? Tena un 13 % da poboación mundial. Aquí amosámosche os seus tipos e como identificala.
Xustificar o texto na web dificulta a lectura e a lexibilidade. Descobre por que é unha mala elección no deseño web.
Descubre 7 ferramentas que che axudarán a darlle un bo contraste á túa web ou aos teus documentos.
Descubre consellos e estratexias de deseño inclusivo para mellorar a accesibilidade das túas redes sociais en 2023.
Comentarios
Joana
2025-11-10 15:07:42