Tipografías accesibles para persoas con dislexia
Descobre as tipografías máis recomendadas para persoas con dislexia. Aprende a escoller fontes accesibles que melloren a lectura.
A accesibilidade web é unha necesidade vital para asegurar que todas as persoas usuarias, independentemente das súas habilidades ou discapacidades, poidan acceder á información dos sitios web. Antes de realizar test de accesibilidade, recomendámosche que afondes un pouco no que é a accesibilidade web co noso artigo 'Introdución á accesibilidade web'.
As probas de accesibilidade automatizadas son unha ferramenta útil e efectiva para avaliar a accesibilidade dunha páxina web. Neste artigo explicaremos que son os test automáticos de accesibilidade, as súas vantaxes e limitacións e como se poden combinar con probas manuais para levar a cabo unha avaliación completa.
Os test automáticos de accesibilidade son ferramentas informáticas que realizan probas automatizadas para avaliar a accesibilidade dun sitio web para as persoas con discapacidade. Estas probas fanse mediante programas que inspeccionan o código HTML da páxina e detectan erros comúns de accesibilidade, como a falta de alternativas textuais nas imaxes, a falta de contraste nas cores ou a ausencia de etiquetas axeitadas nos formularios, entre outros
Estes programas seguen un conxunto de regras e directrices para avaliar os sitios web. Este conxunto de normas baséase nas pautas de accesibilidade web do World Wide Web Consortium (W3C), que inclúen as Web Content Accessibility Guidelines (WCAG).
Hai diferentes ferramentas de software que se poden utilizar para realizar os test automáticos de accesibilidade; algunhas son gratuítas e outras de pagamento. Estes programas analizan o código do sitio web ou da aplicación e xeran informes que identifican os problemas de accesibilidade e ofrecen recomendacións para corrixilos.
Os test de accesibilidade ofrecen unha avaliación rápida e económica da accesibilidade e permiten identificar posibles barreiras que poden impedir que as persoas con discapacidade accedan ao sitio web ou á aplicación e o utilicen.
Porén, estas ferramentas tamén teñen algunhas limitacións na detección de problemas complexos e na comprensión do contexto da experiencia das persoas usuarias. Na seguinte sección veremos en detalle cales son as vantaxes e limitacións dos test automáticos de accesibilidade e como se poden utilizar para mellorar a accesibilidade das páxinas web.
As principais vantaxes deste software son:
Porén, tamén presentan algunhas limitacións:
Os test automáticos de accesibilidade son unha ferramenta moi útil para detectar erros de accesibilidade web en páxinas e aplicacións. Aínda que tamén teñen algunhas limitacións, a súa eficiencia e escalabilidade fan deles unha opción interesante para as organizacións e empresas que buscan mellorar a accesibilidade das súas plataformas en liña.
Porén, é importante lembrar que estes programas non deben ser o único medio para avaliar un sitio web ou unha app, e que segue sendo necesaria unha avaliación manual por parte de especialistas para asegurar a mellor experiencia para todas as persoas usuarias.
Para axudar na tarefa de avaliar a accesibilidade dun sitio web, existen programas de test automático de accesibilidade que poden identificar posibles dificultades e problemas de accesibilidade.
O mercado ofrece un amplo catálogo destas ferramentas, desde as de pagamento ata as gratuítas e de código aberto. Cada ferramenta ten os seus propios puntos fortes e débiles, e a elección da ferramenta axeitada dependerá das necesidades e requisitos específicos do sitio web ou da aplicación que se estea a avaliar.
A continuación analizaremos algunhas das mellores ferramentas de test automático de accesibilidade dispoñibles no mercado. Tamén veremos as características e beneficios de cada unha, para axudarche a escoller a mellor ferramenta para o teu proxecto de accesibilidade web.




Como vimos, cada unha destas utilidades ten diferentes puntos fortes e débiles, e a elección dependerá das necesidades específicas do sitio web. En xeral, recoméndase utilizar unha combinación de ferramentas automatizadas e avaliacións feitas por persoas expertas na materia; deste xeito obterase unha avaliación completa e precisa da accesibilidade do sitio web.
Os test automáticos de accesibilidade web son ferramentas valiosas para identificar barreiras de accesibilidade nas páxinas web. Porén, para usalos de forma efectiva cómpre seguir unhas boas prácticas. Neste apartado comentaremos cales son as mellores pautas para utilizar correctamente os test automáticos e lograr unha experiencia web inclusiva para todas as persoas usuarias.
Estas son algunhas boas prácticas que se poden aplicar:
Seguindo estas boas prácticas, os test de accesibilidade pódense utilizar de maneira efectiva para mellorar a accesibilidade e a experiencia de usuario nos sitios web.
Os test automáticos son útiles e cómodos para detectar erros básicos e reducir os tempos de proba, mentres que as probas manuais permiten descubrir problemas máis complexos e mellorar a experiencia de usuario. Neste apartado explicaremos como combinar estas dúas técnicas de proba para alcanzar unha accesibilidade web óptima.
A continuación preséntanse algúns dos aspectos máis importantes que hai que considerar á hora de combinar test automáticos con probas manuais:
En resumo, os test automáticos de accesibilidade web son unha ferramenta fundamental para garantir que todas as persoas usuarias, incluídas as que teñen algunha discapacidade, poidan acceder á información en liña de maneira eficiente.
A través destas probas pódense localizar e corrixir erros de accesibilidade e conseguir que a páxina web sexa máis inclusiva. Ademais, a implantación de tecnoloxías de accesibilidade pode promover a integración e a diversidade en liña ao facer que a información sexa accesible para todo o mundo.
Se che preocupa asegurar a accesibilidade do teu sitio web e queres saber máis sobre os test automáticos de accesibilidade web, non dubides en acudir aos nosos auditores. Ademais de ofrecerche información e recursos útiles, tamén podemos axudarche a facer probas exhaustivas de accesibilidade web no teu sitio para garantir que cumpra os estándares vixentes. Podes poñerte en contacto connosco a través do noso formulario de contacto para obter máis información e comezar a mellorar a accesibilidade da túa web hoxe mesmo.
Os fallos que máis detectan os test automáticos, explicados nas súas técnicas WCAG:
Ver as 454 técnicas WCAG 2.2 (en castelán), explicadas de forma sinxela.
Descobre as tipografías máis recomendadas para persoas con dislexia. Aprende a escoller fontes accesibles que melloren a lectura.
Descubre como as tecnoloxías CAPTCHA evolucionaron cara a solucións máis accesibles. Este artigo percorre desde as probas visuais e auditivas ata as innovacións actuais e ofrece unha visión completa de como facer o CAPTCHA máis inclusivo.
Vemos como se pode saltar o contido repetitivo dunha páxina e por que é tan importante para as persoas que usan lectores de pantalla e teclado.
Este artigo explica como facer un correo electrónico máis accesible e inclusivo para todo tipo de persoas e por que facelo beneficia a todo o mundo.
Xustificar o texto na web dificulta a lectura e a lexibilidade. Descobre por que é unha mala elección no deseño web.
A metodoloxía WCAG-EM permítenos realizar auditorías de accesibilidade cun procedemento seguro e estandarizado.
Para que serven as declaracións de accesibilidade e que pasos hai que seguir para facelas correctamente.
Mellora a accesibilidade dos teus PDF: claves para crear documentos inclusivos e accesibles para todo o mundo.
Os emojis favorecen a accesibilidade? Ou non? Si, pero non de calquera maneira. Aquí recollemos algunhas formas correctas de usalos e varios consellos.
Os catro principios reitores das WCAG establecen que os contidos web deben ser perceptibles, operables, comprensibles e robustos (POCR).
Unha árbore de decisión é unha maneira sinxela de saber cando hai que escribir un texto alternativo nunha imaxe e cando non.
Un vídeo accesible inclúe subtítulos, unha transcrición e un bo uso da cor dos textos e dos escintileos. Ademais, debe crearse nun formato accesible.
Cando o texto alternativo se coloca ben, mellora tanto a accesibilidade do sitio web como o SEO da páxina. Coñece as claves para facelo ben!
Análise do código NaviLens, NaviLens AQR e Zappar AQR. Comparamos a súa capacidade para localizar produtos, identificar referencias e ofrecer información.
Descubre en que consiste a Acta Europea de Accesibilidade, que sectores e produtos están obrigados a cumprila e como afectará tanto ás empresas como ás persoas usuarias.
Comentarios
JamesAloff
2025-12-06 19:49:21JosephDaype
2025-12-09 22:55:35JamesInavy
2025-12-10 22:29:40Johnnypseug
2025-12-14 11:49:39OscarAttak
2025-12-14 23:19:28OscarAttak
2025-12-15 10:06:09OscarAttak
2025-12-15 20:36:41OscarAttak
2025-12-16 07:30:00OscarAttak
2025-12-16 18:17:46OscarAttak
2025-12-17 05:00:09OscarAttak
2025-12-17 16:06:03OscarAttak
2025-12-18 02:40:30OscarAttak
2025-12-18 13:18:46OscarAttak
2025-12-18 23:52:22OscarAttak
2025-12-19 10:27:47OscarAttak
2025-12-19 21:11:00OscarAttak
2025-12-20 07:47:11Brentwrals
2025-12-28 21:32:49Howardvat
2025-12-29 10:36:25Brentwrals
2025-12-29 18:09:49Howardvat
2025-12-30 03:40:35Brentwrals
2025-12-30 10:51:29Howardvat
2025-12-30 20:20:02Brentwrals
2025-12-31 03:43:50Howardvat
2025-12-31 13:12:04Brentwrals
2025-12-31 20:55:23Brentwrals
2026-01-01 13:32:21Brentwrals
2026-01-02 06:00:15Brentwrals
2026-01-04 21:05:10Brentwrals
2026-01-05 11:52:19Armandninty
2026-01-05 21:41:24Armandninty
2026-01-06 07:41:04Brentwrals
2026-01-06 15:44:08Armandninty
2026-01-06 17:31:55Armandninty
2026-01-07 03:36:34Armandninty
2026-01-07 13:40:56Brentwrals
2026-01-07 15:56:35Armandninty
2026-01-08 10:14:35Brentwrals
2026-01-08 16:20:11Armandninty
2026-01-08 20:26:51Armandninty
2026-01-09 06:44:05Brentwrals
2026-01-09 17:04:20Armandninty
2026-01-09 17:16:53Armandninty
2026-01-10 03:49:14Brentwrals
2026-01-10 18:03:42Armandninty
2026-01-11 00:51:56Brentwrals
2026-01-11 19:11:46Armandninty
2026-01-11 22:04:08StevenFew
2026-01-12 22:51:13StevenFew
2026-01-13 11:50:43StevenFew
2026-01-14 09:05:04StevenFew
2026-01-14 19:50:21StevenFew
2026-01-15 06:16:13CharlesDiarl
2026-01-28 22:17:04Brentwrals
2026-01-28 22:19:38Brentwrals
2026-01-29 23:51:06CharlesDiarl
2026-01-29 23:53:34Brentwrals
2026-02-02 09:59:54JosephJep
2026-02-20 02:21:08DavidNeurl
2026-02-20 12:51:05MatthewNug
2026-02-20 12:51:50MatthewNug
2026-02-24 18:49:14DavidNeurl
2026-02-24 20:50:29Trevorduest
2026-02-26 22:14:17DonaldExage
2026-02-27 13:18:16DonaldExage
2026-03-01 02:40:03DonaldExage
2026-03-02 15:27:46StanleyGar
2026-03-07 22:15:41MichaelSab
2026-03-12 12:34:40MichaelSab
2026-03-12 16:44:24Sheilashure
2026-03-18 08:41:52Susiebam
2026-03-29 07:06:38Sheilashure
2026-03-29 07:06:41DeborahSyday
2026-03-29 07:06:48Susiebam
2026-04-01 15:54:10DeborahSyday
2026-04-04 00:49:24Sheilashure
2026-04-06 02:14:49AnthonyLag
2026-04-07 22:19:50Susiebam
2026-04-08 09:51:22