Addaw, ir ao inicio Doar

Responsabilidade Social Corporativa

Escrito por Iris García García • Febreiro 02, 2023

Cando tes unha empresa ou páxina web empresarial, debes ter en conta que esta podería influír ou repercutir, xa sexa de forma positiva ou negativa, no ámbito social, ético e mesmo ambiental, posto que, na actualidade, a sociedade espera que as compañías en xeral se adapten aos valores que as persoas consideran correctos, ou que de seu, o son. Aquí é onde entra a Responsabilidade Social Corporativa (RSC), un modelo de acción que nos últimos anos foi moi importante para a sociedade, as empresas, as páxinas web ou calquera tipo de negocio relevante.

Que é a Responsabilidade Social Corporativa (RSC)?

Ante todo, a Responsabilidade Social Corporativa é un compromiso empresarial coa sociedade, as persoas traballadoras, o medio ambiente, a economía, etcétera, que mide e procura respectar os límites do impacto que pode ocasionar unha empresa relevante en cada unha destas contornas.

Hoxe en día é importante que unha empresa ou páxina web empresarial manteña políticas de inclusión e de accesibilidade acordes cos estándares sociais. É vital que as persoas traballadoras, os clientes e a sociedade en xeral se sintan incluídos en cada un dos aspectos dunha empresa, independentemente da súa situación persoal.

A Responsabilidade Social Corporativa ten como obxectivo crear e respectar o equilibrio entre varios aspectos sociais: as persoas traballadoras, os clientes, a economía, a familia, o medio ambiente e mesmo a comunidade local, todo co fin de mellorar a calidade de vida.

A RSC vela polas persoas, o planeta e os intereses da empresa

Historia e orixe da Responsabilidade Social Corporativa (RSC)

No século XIX non había moita conciencia sobre o que hoxe sería a RSC. De feito, foi en Estados Unidos e en Europa onde se levaron a cabo os primeiros actos benéficos en favor das persoas, do medio ambiente e mesmo da vivenda. As grandes empresas industriais da época empezaron a decatarse de que podían realizar accións que beneficiasen os seus clientes e traballadores e, así, mellorar considerablemente a súa reputación e, polo tanto, a súa publicidade e os seus beneficios.

En 1983, Jerry Welsh, vicepresidente de American Express, deu o primeiro paso cara ao que hoxe coñecemos como RSC: lanzou unha campaña que recadaba un centavo por cada transacción feita cunha das súas tarxetas para financiar a restauración da Estatua da Liberdade. Deste xeito, conseguiu reunir aproximadamente 2 millóns de dólares, o que aumentou a reputación da empresa ao mellorar a súa imaxe por axudar á sociedade.

 

Principios da Responsabilidade Social Corporativa (RSC)

Como xa dixemos, a RSC baséase en aspectos sociais, ambientais e mesmo económicos. Vexamos algúns principios:

 

Beneficios da Responsabilidade Social Corporativa (RSC)

Cumprir coa responsabilidade social beneficia a todo o mundo, empresas incluídas:

 

Tipos de Responsabilidade Social Corporativa (RSC)

A RSC é un concepto que moitas persoas consideran incompleto ou insuficiente, xa que non todas as empresas o seguen; pero, se prestamos a debida atención, podemos decatarnos de que a RSC traballa en determinadas áreas e modelos específicos para potenciar a súa forma de actuar.

Responsabilidade altruísta

Ten en conta como actúa unha empresa e como contribúe á sociedade. Simplificando ao máximo, a responsabilidade altruísta refírese a como unha compañía destina os seus recursos a facer un mundo mellor: colaborando con obras benéficas, limitando os seus negocios a empresas que seguen os mesmos principios, animando o seu persoal a participar en labores humanitarios ou patrocinando recadacións de fondos en eventos da comunidade.

Responsabilidade ética

Esta área de responsabilidade baséase principalmente nos negocios, decisións ou propostas internas da propia empresa, así como nos seus aspectos morais e éticos. Un exemplo sería buscar novas oportunidades laborais para o seu persoal, tendo en conta a inclusión ou a accesibilidade e non só o aspecto económico. Isto inclúe tamén ofrecer salarios dignos e equitativos a todas as persoas traballadoras, sen discriminacións inxustas de ningún tipo.

Do  mesmo xeito, tamén é importante xerar unha rendibilidade sa e un crecemento exponencial da empresa que manteña o persoal cómodo e satisfeito co seu traballo.

As decisións e a aceptación de propostas e oportunidades baséanse completamente na ética da empresa; deste xeito, a empresa busca ofrecer unha boa imaxe á sociedade ao deixar claro que a súa Responsabilidade Social Corporativa está en marcha e activa.

Responsabilidade ambiental

Este é o piar da responsabilidade social encargado de preservar a natureza e o medio ambiente. Mediante unha actividade axeitada e o apoio a causas relacionadas, unha empresa pode asegurarse de deixar os recursos naturais mellor do que estaban antes de realizar o seu traballo. Algúns exemplos para conseguilo serían: reducir a contaminación, os residuos e o consumo de recursos nos procesos de fabricación; reciclar e promover a reciclaxe; compensar o impacto negativo repoñendo os recursos naturais ou apoiando causas que o fagan, etcétera.

 

Exemplos de Responsabilidade Social Corporativa (RSC)

A continuación comentamos varias empresas que aplicaron con éxito a Responsabilidade Social Corporativa e como o fixeron.

Starbucks

Starbucks é coñecida desde hai tempo polo seu bo sentido da Responsabilidade Social Corporativa e polo seu compromiso coa sustentabilidade e co apoio á comunidade. Segundo o Informe de Impacto Social Global de 2020, entre as medidas adoptadas están ter acadado o 100 % de café de orixe ecolóxica e ética,  crear unha rede internacional de agricultores e fornecerlles cen millóns de árbores ata 2025. Ademais, Starbucks é pioneira na construción ecosustentable dos seus establecementos, contribúe con millóns de horas de servizos comunitarios e creou un programa universitario innovador para o seu persoal.

Home Depot

Segundo o seu informe anual ESG (siglas en inglés de Environmental, Social and Governance, unha serie de criterios externos ás empresas que axudan a medir o desempeño en RSC),  Home Depot destacou os seus logros centrándose no persoal, traballando na sustentabilidade e axudando á comunidade. No exercicio fiscal de 2020, esta empresa investiu uns dous mil millóns en aumentar os salarios e os beneficios sociais do seu persoal para mellorar o seu benestar. Tamén reduciu a enerxía consumida nun 14 % con respecto ao ano anterior e está a esforzarse para reducir as emisións globais da empresa, co obxectivo de baixalas un 40 % para 2030.

General Motors

En 2021, General Motors levaba catro anos consecutivos no Bloomberg General Equality Index (Índice de Igualdade Xeral de Bloomberg) e seis anos consecutivos no top 50 de Diversity Inc. das compañías que loitan pola diversidade. Por se fose pouco, esta veterana empresa prevé un investimento de 35.000 millóns de dólares entre 2020 e 2025 en vehículos eléctricos e ten como obxectivo usar un 100 % de enerxía renovable nas súas sedes dos EUA en 2025.

Importancia da Responsabilidade Social Corporativa (RSC)

Nos últimos anos, a sociedade evolucionou considerablemente en canto a ideas e valores, o que nos levou así a unha globalización importante, non só no social, senón tamén no que respecta aos problemas ambientais.

A RSC é, polo tanto, moi importante hoxe en día porque, en cada unha das súas áreas de traballo, pode axudar a unha persoa traballadora, a unha familia, a unha persoa vulnerable e mesmo a unha muller maltratada, en calquera aspecto da súa vida.  Por iso é necesario que cada empresa amose as decisións e medidas que adopta para manter a súa responsabilidade social, atraendo así tanto clientes e diñeiro como oportunidades, colaboracións e persoal disposto a cooperar pola accesibilidade universal.

En ADDAW, esforzámonos por levar a accesibilidade a todas as páxinas web. Por iso ofrecemos o noso selo completamente oficial, que certificará e posicionará os sitios web como accesibles en todos os seus aspectos e para todas as persoas. Tamén facemos auditorías para organismos públicos de calquera ámbito, empresas privadas, entidades, asociacións, centros educativos privados, etcétera.

 

Ler máis sobre o certificado de accesibilidade web de ADDAW

 

Non debemos esquecer que a RSC non é só un método de acción, e, sobre todo, non é un privilexio: é un dereito que toda empresa debe garantir e reflectir nas súas prácticas empresariais.

 

 

Gústache o que ves? Compárteo cun amigo.


Comentarios

2025-11-17 03:20:14

614d3h

2025-11-17 03:20:16

614d3h

2025-11-19 13:02:36

17ycsr

2026-01-03 05:49:30

mp7drc

2026-02-20 07:44:49

fd42q1

2026-02-27 19:05:04

c2o3mm

2026-03-05 02:31:26

n5715t

2026-03-06 07:05:53

zfrb1f

2026-03-16 12:17:34

lfojcd

2026-03-30 15:40:31

g46bew

2026-04-05 23:36:17

sfpikb

2026-04-07 07:23:26

5ejk3c

2026-04-18 01:23:37

icb0wz

2026-04-20 05:36:55

qn1i5r

2026-04-25 23:13:38

ykkcq8

2026-05-02 07:53:07

n5m3er

2026-05-03 06:06:23

svmnbc

2026-05-07 18:11:20

1w7y8m

2026-05-07 22:12:09

yuazuv

2026-05-09 20:08:55

nzp3da

2026-05-14 17:45:36

54gi10

2026-05-14 23:58:54

02r12d

2026-05-20 15:26:54

xmsdcy

2026-05-20 20:40:51

15va3p

2026-05-22 20:49:24

q5a7i8

2026-05-23 13:47:31

hqk87d

2026-05-27 02:06:08

xlgfvz

2026-05-28 02:35:48

32zkfo

2026-05-28 14:27:50

5ql1ki

2026-05-29 20:52:57

f9jo8g

2026-05-30 14:54:11

l3c14o

2026-05-31 15:16:18

mg16dj

2026-06-01 23:25:14

e5i9t7

2026-06-07 14:02:22

vihoo3

2026-06-08 03:44:12

emlsok

2026-06-10 00:22:48

3mehvq

2026-06-13 16:52:43

mccljv

2026-06-14 10:34:40

3fguyy

2026-06-14 19:34:44

o5ustu

2026-06-25 00:57:08

4kk0fr

2026-06-25 16:37:17

kkdha6

2026-06-26 13:52:48

wexmv3

2026-06-30 03:56:04

8a42s5

2026-07-03 06:18:30

q1drt4

2026-07-04 08:03:38

8ai825

2026-07-07 18:33:32

t7cuwm

2026-07-22 11:40:30

g04g1n

2026-07-28 07:36:49

x6ekqk

2026-08-12 10:59:16

t1drdj

2026-08-19 11:19:00

urqjpn

2026-08-20 02:52:52

cfnc4x

Déixanos o teu comentario