Addaw, ir ao inicio Doar

Accesibilidade dixital para educadores

Escrito por Iris García García • Xaneiro 06, 2023

Por que o alumnado con discapacidade necesita un acceso inclusivo.

A tecnoloxía sempre foi un elemento fundamental na innovación docente. A xeneralización do ensino a distancia durante a COVID-19 fixo que se convertese en algo esencial. Por desgraza, esta pandemia deixou á vista e amplificou as moitas desigualdades e inxustizas que afectan os estudantes por cuestións de orixe e clase social, e a principal causa foi a fenda dixital.

Aínda que esta fenda adoita referirse ás desigualdades no acceso a internet e no tipo de dispositivos, para o alumnado con discapacidade entra en xogo outro factor: a accesibilidade dixital.

Igual que un colexio deseñado sen elementos de accesibilidade, como ramplas ou ascensores, impediría que os estudantes con discapacidade se movesen polo edificio, o contido dixital deseñado sen as características de accesibilidade necesarias pode impedirlles implicarse axeitadamente na aprendizaxe.

Por suposto, a aprendizaxe dixitalmente accesible ten que cumprir os principios establecidos polas WCAG, que podes ver na nosa entrada de información básica sobre a accesibilidade web.

En estreita relación co Deseño Universal para a Aprendizaxe, a accesibilidade dixital fala de deseño inclusivo: ofrecer múltiples formas de representar a información e unha gran variedade de maneiras de interactuar co contido. Para os educadores, como creadores e conservadores de contido dixital, incorporar a accesibilidade dixital ás súas ferramentas docentes non só lles permite atender as necesidades do alumnado con adaptacións individualizadas ou necesidades específicas, senón que tamén lles axuda a chegar a todo o alumnado en xeral.

 

Como experimenta o contido dixital o alumnado con discapacidade?

Deseñar un ensino accesible consiste en entender as diferentes necesidades dos estudantes. Para comprender como lles afecta a accesibilidade dixital a todos eles, é útil considerar a discapacidade como un espectro. Os estudantes poden ter discapacidades permanentes, como a cegueira, ou temporais, como perder as lentes, así como discapacidades situacionais, como non poder ver ben a pantalla do ordenador por un exceso de brillo da iluminación ou da luz solar. A accesibilidade dixital pode beneficiar estudantes de todo este espectro.

Alumnado con discapacidade visual

As imaxes, as cores e os vídeos poden ser ferramentas docentes potentes. Porén, os estudantes con problemas de visión, como a cegueira, a baixa visión ou o daltonismo, necesitan formas alternativas de acceder á información visual.

Estes estudantes poden utilizar diversos produtos de apoio, como lectores de pantalla, que len o contido en voz alta; lupas de pantalla, que amplían o tamaño para velo con máis detalle; impresoras braille; e a personalización de cores para cambiar as cores que se amosan.

A continuación comentamos algunhas consideracións que se poden ter en conta á hora de deseñar e escoller contido dixital que axude o alumnado con discapacidade visual:

Táboa con receitas ordenadas por dificultade e clasificadas por cores

Unha opción mellor para este esquema sería incluír a información tamén en forma de texto, como se pode ver na seguinte táboa, onde cada curso ten unha etiqueta de texto co nivel de dificultade ademais de amosalo coas propias cores. Á parte de axudar os estudantes con dificultades visuais, este cambio fai que o contido sexa máis comprensible para todos os usuarios.

Táboa con receitas ordenadas por dificultade con código de cores e texto identificativo

 

Alumnado con discapacidade auditiva

Na clase úsanse habitualmente vídeos, podcasts e debates como ferramentas docentes, pero a menos que o contido sonoro se ofreza nalgún formato alternativo, os estudantes con dificultades auditivas poden perder información importante.

 

Alumnado con discapacidade motora

Isto inclúe tanto os estudantes con discapacidades permanentes como os que teñen unha limitación temporal, como un brazo ou unha perna rotos. Poden preferir navegar co teclado, con comandos de voz ou con xestos simplificados nos dispositivos móbiles. Tamén poden optar por tecnoloxías de apoio como un rastrexador ocular ou un dispositivo «sip and puff» (que funciona mediante inspiracións e expiracións de aire).

Para asegurarse de que o contido é accesible para os estudantes con discapacidade motora, un dos aspectos máis importantes é que o contido sexa navegable co teclado. Isto beneficia tanto os usuarios que só usan o teclado como os que usan tecnoloxías de apoio que imitan o funcionamento dun teclado. O contido é apto para teclado se podes entender e interactuar con todo usando unicamente este dispositivo.

 

Alumnado neurodiverxente

Os educadores saben que cada estudante ten un xeito diferente de procesar o contido. Os estudantes con dislexia, TDAH, dificultades de aprendizaxe e outras diferenzas cognitivas benefícianse especialmente das seguintes consideracións, que, ademais, axudan a todo o alumnado en xeral:

Roda da neurodiverxencia

 

Facer o ensino máis accesible

Unha vez convencidos de que a accesibilidade dixital é importante para o teu alumnado, como se pode aplicar nunha aula?

Gústache o que ves? Compárteo cun amigo.


Comentarios

Aínda non hai comentarios.

Déixanos o teu comentario