Addaw, ir ao inicio Doar

Os mellores plugins de accesibilidade web

Escrito por Fran Ramirez • Marzo 16, 2023

A medida que a tecnoloxía evoluciona, é cada vez máis importante garantir que os sitios web sexan accesibles para todos os usuarios, independentemente das súas habilidades ou discapacidades. Neste artigo amosaremos algúns dos mellores plugins de accesibilidade web dispoñibles no mercado e como poden mellorar a accesibilidade do teu sitio web para todas as persoas que o visitan

 

Que son os plugins de accesibilidade?

Os plugins de accesibilidade son ferramentas que se inclúen nos sitios web para mellorar o acceso das persoas con discapacidade e necesidades especiais. Estes complementos pódense instalar nas páxinas web para mellorar moitos aspectos, como o acceso visual e auditivo, a navegación e a usabilidade en xeral. É importante salientar que usar un plugin de accesibilidade non garante en ningún caso que a web cumpra a normativa de accesibilidade

Con estas extensións pódense mellorar moitas partes da web. Por exemplo, hai plugins que permiten aos usuarios axustar o contraste de cor, o tamaño da fonte e o espazado do texto, o que mellora a lectura dos contidos. Outros melloran a accesibilidade auditiva, con subtítulos e transcricións de audio para persoas con discapacidade auditiva. Por último, os plugins de accesibilidade cognitiva permiten simplificar a navegación e a presentación da información, para que a páxina sexa máis comprensible.

Como escoller o mellor plugin para o teu sitio web?

O ideal para facer unha web accesible é ter en conta a accesibilidade desde o inicio do proxecto. É fundamental que a web poida adaptarse a distintos tipos de tecnoloxías e dispositivos, como portátiles, ordenadores de escritorio e tabletas.

Porén, incluír a accesibilidade nun proxecto web que xa está implantado é moito máis complexo. Nestes casos adoitan aplicarse diferentes estilos e linguaxes de programación, o que fai que integrar a accesibilidade sexa moi complicado. Nesas circunstancias, usar un ou varios plugins pode axudar a que a web sexa máis accesible, pero trátase só dunha axuda: non esquezamos que así non se conseguen alcanzar os estándares de accesibilidade das WCAG.

A continuación presentamos algúns consellos para escoller os mellores plugins de accesibilidade para unha páxina web:

  1. Identificar as necesidades de accesibilidade do sitio web: antes de comezar a buscar o plugin que necesitamos, é importante identificar as necesidades específicas do website. Por exemplo, se o sitio ten moito contido audiovisual, serán necesarios plugins de accesibilidade auditiva (subtítulos ou transcricións de audio); se, pola contra, o sitio web ten moitas imaxes, é posible que se necesiten plugins de accesibilidade visual para axustar o contraste e o tamaño da fonte.

  2. Investigar e comparar as diferentes opcións de plugins: unha vez identificadas as necesidades do sitio web, é hora de examinar e comparar as opcións que ofrece o mercado. Para iso é moi importante estudar os desenvolvedores dos plugins, revisar as valoracións dos usuarios e contrastar as características dos plugins para atopar o que mellor se adapte ás necesidades do noso sitio web.

  3. Probar o plugin antes de implantalo: antes de aplicar o plugin, recoméndase probalo nunha contorna de probas. Isto permitirá comprobar que funciona correctamente e que cobre as necesidades de accesibilidade que temos.

  4. Actualizar periodicamente os plugins: por último, é importante estar atento ás últimas actualizacións do plugin para garantir que siga funcionando correctamente e cumpra os estándares de accesibilidade web.

Seguindo estes consellos, poderás escoller o mellor plugin de accesibilidade para o teu sitio web e garantir que se cobren as necesidades de accesibilidade de todos os usuarios.

 

Xa vimos que é un plugin de accesibilidade web e por que podería ser útil incluílo no noso sitio web. A continuación amosaremos, na miña opinión, cales son os mellores plugins do mercado, ordenados segundo o CMS ao que pertencen. Dado o gran número de sistemas de xestión de contidos (CMS) que existen, a nosa análise de plugins vaise centrar en tres dos máis populares: WordPress, PrestaShop e Shopify.

 

Plugins de accesibilidade para WordPress

 

WP Accesibility

 

Moitos considérano un dos plugins máis usados e completos para WordPress. Ademais de ser gratuíto, cun só clic o complemento amósanos todas as características de accesibilidade que o usuario pode escoller e configurar.

Nalgúns casos, este plugin é capaz de solucionar erros automaticamente, mentres que noutros nos indica os pasos que hai que seguir para resolvelos. Entre as súas principais funcións están:

Moitos problemas de accesibilidade adoitan deberse ao cambio de tema. WP Accesibility permite engadir facilmente características de accesibilidade sen necesidade de cambiar os temas. Ademais, implantalo e configuralo require uns coñecementos mínimos de código.

 

One Click Accesibility

Se buscas simplicidade e rapidez de configuración, One Click Accesibility é o teu plugin de accesibilidade web.

Igual que o anterior, require unha configuración inicial mínima e apenas coñecementos de programación.

A súa principal fortaleza é a facilidade de uso da súa barra de ferramentas de accesibilidade. Con só dous clics é posible cambiar, en calquera sitio de WordPress, axustes como o tamaño da fonte, activar o contraste negativo, activar o alto contraste ou xerar un mapa do sitio. Entre as súas principais características destacan:

Unha das características que distingue One Click dos seus competidores é a súa ampla compatibilidade con diferentes lectores de pantalla. Isto convérteo nunha ferramenta ideal para axudar os usuarios con discapacidade visual.

 

Userway

Este plugin é moi doado de instalar e usar, e ademais non require coñecementos técnicos avanzados. Userway é compatible cunha ampla variedade de temas e plugins, o que significa que se pode usar na maioría dos sitios web feitos con WordPress. Entre as súas principais características están:

Plugins de accesibilidade para PrestaShop

Accesibility Module

Aínda que a primeira vista o complemento pode parecer algo discreto, este módulo incorpora numerosas características que o converten nunha das extensións máis potentes en canto a accesibilidade. A continuación presentamos as súas principais características.

 

Accesibility Enabler Module

Accesibility Enabler é unha solución de accesibilidade web avanzada para aplicar a ADA e as WCAG. Este plugin ofrece máis de 30 ferramentas de accesibilidade para axudar os usuarios a personalizar os sitios web segundo as súas necesidades.

 

 

Plugins de accesibilidade para Shopify

Accessibly

Accessibly permitirache crear unha tenda en liña máis accesible e inclusiva. Este plugin axudarache a cumprir as pautas WCAG e a ADA, garantindo que o sitio web sexa doado de usar e de navegar para todo o mundo. Unha das súas características máis importantes é o seu widget, unha pequena aplicación onde o usuario, con só uns clics, poderá escoller as opcións de accesibilidade que necesite. Na seguinte lista recollemos as súas funcións máis relevantes:

 

 

Audioeye

Audioeye é unha solución de accesibilidade integral que axuda as empresas a cumprir os estándares de accesibilidade web de maneira segura e eficiente. O plugin está deseñado para mellorar a accesibilidade dos sitios web e garantir que todas as persoas, independentemente das súas habilidades, poidan acceder á información e ao contido.

 

Accessibility Assistant

Desenvolvido polo equipo de Cart Coders, este plugin ofrece as ferramentas necesarias para que as persoas con dislexia ou outras discapacidades poidan consumir os sitios web e navegar por eles correctamente. O widget de accesibilidade reforza os puntos débiles das páxinas web que poden causar problemas de accesibilidade.

 

 

En conclusión, os plugins de accesibilidade web son unha ferramenta moi útil para mellorar a accesibilidade dun sitio web, xa que permiten que os usuarios accedan aos sitios e os usen de maneira máis eficiente. Porén, é importante salientar que estes complementos non garanten o cumprimento total das normativas e regulacións vixentes en materia de accesibilidade web. Por iso, recoméndase facer unha auditoría completa de accesibilidade para asegurarse de que o website cumpre todos os requisitos necesarios en materia de accesibilidade.

 

Se che interesa e necesitas axuda para levar a cabo esta revisión, o equipo de expertos de ADDAW pode axudarche. Coas nosas auditorías de accesibilidade garantiremos que a túa web sexa accesible e cumpra a normativa vixente de accesibilidade. Melloremos xuntos a experiencia de usuario!

Gústache o que ves? Compárteo cun amigo.


Comentarios

annouro

2026-06-25 13:07:44

Déixanos o teu comentario